venres, 20 de decembro de 2024

FESTIVAL DE NADAL 2024

 Rematamos o trimestre co noso tan agardando Festival de Nadal cheo de ilusión e regueifa compartida coas nosas familias 🌲#bonadal #feliz2025

Grazas á ANPA pola visita dos Reis Magos e os agasallos. 💚






venres, 22 de novembro de 2024

 25 de Novembro no Ceip Plurilingüe Nétoma - Razo 

"Chea de Vida"- Guadi Galego.


 

mércores, 20 de novembro de 2024

 VISITA Á BIBLIOTECA REGO DA BALSA (CARBALLO)

O noso alumnado visitou a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para desfrutar das historias dos Ratos de Lonxedetodo. 

 PROGRAMA ENREGUÉIFATE

Outro curso máis, o noso alumnado participa no programa Enreguéifate, a través do cal coñecemos moitas estratexias e oportunidades para regueifar no noso día a día. Nesta ocasión, volven  estar con nós Lupe Blanco e Josiño da Teixeira. Recordamos que no curso 2023-2024 o noso centro levou o premio á Regueifa mellor falada. 





 QUEN É QUEN?

Alumnado de 1º e 2º de primaria desfrutando deste xogo de creación propia. 





 "CONTOS Á SOMBRA"

O alumnado de Educación Infantil estivo desfrutando duns contos de Samaín no patio. 



"PRESUME DE XARDÍNS" NO SAMAÍN 
Coa colaboración do Concello de Carballo e centro especial de emprego Dixardíns. 

O sábado día 23 de novembro ás 11 horas, toda as persoas participantes estarán convidadas a unha chocolatada no mercado de Carballo. 





BEGOÑÍSIMA

O VENRES NO FESTIVAL CANTAREMOS TODAS XUNTAS!! CANTIGA BEGOÑÍSIMA