xoves, 29 de maio de 2025

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

AÍ VÉN O MAIO DE LETRAS CUBERTO 






Así foi a nosa celebración das letras, con actividades variadas ao longo de todo o mes de maio :





venres, 21 de marzo de 2025

ENREGUÉIFATE


Coa axuda do profe de música, o alumnado de sexto de educación primaria participou un ano máis no concurso ENREGUÉIFATE


Fanse chamar OS FALABARATO e, despois de días de traballo con esta arte de imprivisación oral, chegou o momento da gravación final para o concurso. Axudámosnos dos materiais que chegaron ao centro dende o programa de Polos Creativos e este foi o fantástico resultado. 


                             



                                    👇

                     Canle youtube ENREGUÉIFATE:      OS FALABARATO









Sorte rapazas e rapaces !!!!





UN ENTROIDO DE CONTO

 Este ano o PDI do centro trata sobre os contos clásicos, e coordinadas dende o Equipo de Biblioteca do noso centro, cada aula ten o seu contiño. Nesta ocasión de antroido, decidimos disfrazarnos de personaxes dos nosos contos, e este foi o fantástico resultado. 






VÍDEO DAS ACTUACIÓNS:







O ALUMNADO DE INFANTIL ... PELIQUEIRAS E PELIQUEIROS

















 

xoves, 6 de febreiro de 2025

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS



No casamento dos paxariños coñecemos diferentes refráns relacionados co festexo da Candeloria.
 Cada aula centrouse nun e incorporouno á nosa exposición central. Nela puxemos fotos, libros de información, investigacións sobre algunha ave en concreto, niños creados, outros de verdade que atopamos tirados no patio e pequenos detalles que dan para pasar un bo anaco aprendendo sobre as aves. 






En cada aula tamén se fixeron propostas concretas e saíuse a cantarlle e festexar o casamento aos paxariños. 






xoves, 30 de xaneiro de 2025

As nosas grúas da Paz

 💬 DÍA DE PAZ E NON VIOLENCIA 💬


Dende a Bilioteca do centro lanzouse un reto co seguinte vídeo:




Dende eso, organizáronse obradoiros na biblioteca para conseguir as 1000 grúas da paz e conseguimos 715!!! GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN. 




CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 

música en directo grazas ao profesorado de educación musical e lingua estranxeira (inglés)

Xogos colaborativos da paz. Grazas á organización da mestra de Educación Física e Psicomotricidade. 






Propostas organizadas pola coordinadora de Actividades Complementarias e Extraescolares xunto co claustro docente. 





BEGOÑÍSIMA

O VENRES NO FESTIVAL CANTAREMOS TODAS XUNTAS!! CANTIGA BEGOÑÍSIMA